Actos da Consellaría de Cultura e Deporte
Para o día 17 de maio a Consellaría de Cultura e Deporte conta coa seguinte actividade
Edición dun número especial da revista
Praza das Letras
Programa de animación
Letras vivas na semana do 17 de maio
Semana do Libro e a Lectura de Tui.
"Palabras na Solaina" que achegará a literatura de Xosé Mª Álvarez Blázquez aos visitantes das casas rurais e hoteis do Baixo Miño
Envío de fondos ás bibliotecas.
Á parte están outras actividade en que participa como patrocinadora:
Exposición "A palabra e os días".
Correlingua 2008.
Festa das Letras de Ponteceso.
Festa da Cultura, cortexo cívico na Coruña.
"Palabra Liberada", do Concello do Porriño.
Actos da Real Academia
O programa de actos conmemorativos da Real Academia Galega con motivo do Día da Letras 2008 está organizado en colaboración co Concello de Vigo.
12:30 horas
Sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega no Auditorio do Concello de Vigo (praza do Rei, 1), coa intervención dos académicos:
Darío Xohán Cabana Yanes
Víctor Fernández Freixanes
Xosé Luís Méndez Ferrín
Acto que pechará coa intervención do presidente da Academia, Xosé Ramón Barreiro Fernández
17:00 horas
Descubrimento dunha placa conmemorativa na casa onde viviu durante corenta anos Xosé María Álvarez Blázquez (Gran Vía, 180).
A Real Academia iniciara o seu recoñecemento a Xosé María Álvarez Blázquez, no Día das Letras, coma sempre cun acto de lembranza do homenaxeado realizado o 26 de xaneiro.
Desta vez, a corporación municipal de Vigo recibiu a Academia Galega en Vigo, no Pazo de Castrelos.
A seguir Xosé María Álvarez Cáccamo presentou nunha lectura o discurso de ingreso na Academia de Álvarez Blázquez, que foi contestado por Fermín Bouza Álvarez.