O polifacético Xosé María Álvarez Blázquez lega unha obra literaria considerábel. Cultiva a narrativa, a poesía e mesmo se achega ao xénero biográfico. No eido poético, ás obras
Poemas de ti e de min,
Roseira do teu mencer,
Cancioeiro de Monfero,
Romance do pescador peleriño e
Canle segredo hailles que engadir varias ducias de poemas dispersos e inéditos que as edicións da súa poesía completa compilan e publican para dar conta da súa verdadeira entidade como poeta.
A súa obra narrativa é maioritariamente castelá, aínda que deixou en galego
Os ruíns (1936) e mais
A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971). A súa novela
En el pueblo hay caras nuevas, que foi finalista do primeiro Premio Nadal en 1945, e mais
Crecen las aguas (1956) están hoxe editadas en galego.
Tamén fixo unha incursión na dramaturxia de par do seu irmán Emilio, con quen escribiu as pezas teatrais
El zapato de cristal e
Los pazos altivos. Ambas as dúas foron estreadas en 1947.