Galería
Xosé María Álvarez Blázquez, contra 1930 (fotografías cedidas por Celso Álvarez Cáccamo).
Acompañado da súa nai, María Blázquez Ballester, en Vigo (1945).
Cerimonia de casamento de Xosé María Álvarez Blázquez e María Luísa Cáccamo Frieben. Nas marxes, Pedro Cáccamo Ambrosino e María Blázquez Ballester (10 de decembro de 1946).
O matrimonio, na praia da Foz de Coruxo (Vigo, 1947)
Con María Luísa, a filla primoxénita, na casa de Vigo (1949)
A mediados dos anos cincuenta, con Ángel Ilarri (co chapeu) e Pedro Díaz Álvarez (detrás).
Coa familia, en Coruxo (anos cincuenta).
De par do cadaleito de Ramón Cabanillas (Cambados, contra 1960).
Á dereita, Álvarez Blázquez detrás de Álvaro Cunqueiro (Lugo, anos sesenta).
En Bos Aires, convidado polo Centro Galego. Álvarez Blázquez le un texto en homenaxe a Castelao e aos desaparecidos no Panteón Social do Centro (25 de xullo de 1969).
Pronunciando outro discurso, arredor de 1977.
Falando con Francisco Fernández del Riego, na inauguración da I Mostra "Plástica Galega" (Vigo, 19 de febreiro de 1980).
Na casa de Coruxo (Vigo, 1980).
No seu estudio da casa das Travesas (Vigo, 1981).
Na compaña da súa dona e netos, o día do seu 70º aniversario (Coruxo, Vigo, 4 de febreiro de 1985)